Introdución

 
   
   
  Fondo páxina     Fondo páxina
     
 
EQUAL MULLER XXI

EIXO IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

Área temática : Conciliación da vida familiar e a vida profesional

1. Descrición do proxecto

-Obxectivo principal :

O obxectivo principal do proxecto é avanzar na conciliación da vida familiar e laboral, mediante a posta en marcha de medidas de sensibilización e creación de servizos de proximidade no ámbito rural .

-Obxectivos específicos :

Impulsar mecanismos que permitan conciliar a vida familiar e profesional, por medio de accións que utilicen as novas oportunidades de emprego e contribúan a diminuír a precariedade laboral da muller.

Apoiar ás empresas para encontrar novos modelos de flexibilidade no traballo así como sensibilizar ás administracións e demais interlocutores sociais sobre igualdade de oportunidades.

-Ámbito territorial:

O proxecto despregará as súas accións en tres zonas:(ver mapa)

Zona 1: Melide, Santiso, Toques, Boimorto, Vilasantar, Sobrado e Arzúa.

Zona 2: Miño, Paderne, Irixoa, Aranga, Oza dos Ríos, Cesuras, Mesía, Curtis, Bergondo, Betanzos, Coirós e Abegondo.

Zona 3: Cerdido, Moeche, As Somozas, As Pontes de García Rodríguez, Narón, San Sadurniño, A Capela, Cabanas, Pontedeume, Monfero, Vilarmaior, Mugardos, Fene, Neda e Ares.

A case totalidade destes municipios non desenvolveron proxectos da iniciativa Equal na primeira convocatoria, polo que a conveniencia de actuar nestes territorios considerouse prioritaria á hora de definir o ámbito territorial de actuación.

2.A Agrupación de Desenvolvemento REDE XXI (AD)

Os proxectos Equal caracterízanse porque son xestionados polas denomidadas Agrupacións de Desenvolvemento que reúnen os axentes claves dunha zona ou sector que queiran cooperar no desenvolvemento de solucións integradas para os problemas relacionados coa desigualdade ou discriminación en relación co mundo laboral.

A Agrupación de Desenvolvemento REDE XXI está liderada pola Deputación da Coruña e formada polos seguintes socios:

  • EUROEUME.
  • FUNDACIÓN MUJERES
  • UNIÓNS AGRARIAS
  • SINDICATO LABREGO GALEGO
  • CAIXAGALICIA.
  • FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MINUSVÁLIDOS.
  • SIGLO XXI CONSULTORES S.L.
  • ECODESARROLLO GAIA

3. Liñas de actuación do proxecto “Muller XXI”

1ª fase do proxecto. Prospección e análise.

•  Análise do contorno de actuación e situación sociolaboral

•  Análise da oferta de servizos e medidas de apoio a conciliación

•  Estudo de viabilidade sobre servizos de transporte a persoas dependentes

•  Catálogo de medidas de apoio á conciliación en empresas e administracións

2ª fase do proxecto. Actuacións.

 Unha primeira liña de actuacións está dirixida aos concellos das zonas rurais de intervención da provincia da Coruña. A súa finalidade é incorporar nestas institucións as bases para unha efectiva conciliación entre vida familiar e profesional.

Para alcanzar este obxectivo planéanse as seguintes accións:

  • Creación de Comisións Locais de Participación
  • Formación de reforzo para Mediador@s Locais de Conciliación
  • Formación en Igualdade de Oportunidades do persoal da AD

  O segundo bloque de actuacións van dirixidas de forma específica ás mulleres beneficiarias da zona da intervención, aínda que o seu impacto se traslada ao conxunto da sociedade.

  • Formación en implantación e xestión de servizos de proximidade
  • Formación para o autoemprego e fomento do espírito emprendedor
  • Itinerarios integrados de inserción
  • Creación de 3 empresas piloto (Servizo de comidas, Lavandería, Canguros)
  • Taller de iniciativas empresariais
  • Medidas de apoio (bolsas, desprazamentos)
  • Asesoría técnica para a constitución de empresas

Unha terceira liña de actuación céntrase nas empresas , xa sexa para a incorporación de políticas ou estratexias de conciliación, ou para a xeración de novas actividades que poidan servir de apoio ás políticas de conciliación.

•  Análise do tecido empresarial para a selección de empresas participantes en plans de conciliación

•  Mentorización: Asesorar a empresas para a posta en marcha de plans en materia de conciliación

•  Liñas de apoio para fomentar as medidas de conciliación

Un cuarto aspecto esencial, son as actuacións encamiñadas á sensibilización da sociedade civil e os axentes económicos e sociais operativos no territorio de actuación en temas relacionados coa conciliación entre a vida familiar e a vida laboral.

•  Campañas de sensibilización sobre a conciliación da vida familiar e laboral

•  Seminario: “A conciliación na provincia”

3ª fase do proxecto. Difusión

Esta fase do traballo inclúe aquelas tarefas xerais, tanto de difusión e divulgación dos resultados obtidos, a través dos seguintes medios:

  • Portal Web/ Plataforma
  • Boletín Muller XXI
  • Xornadas de encontro
  • Dosier de boas prácticas
  • Avaliación
 
 
  Fondo páxina     Fondo páxina